Reactívase o volcán da Palma de xeito repentino con fortes estoupidos
Reactívase o volcán da Palma de xeito repentino con fortes estoupidos
O principal problema segue a ser a emisión de gases tóxicos
Hai uns minutos o volcán da Palma rexistrou unha intensa reactivación, con fortes estoupidos. Os expertos xa advertiran de que a calma dos últimos días non significaba que a erupción estivese rematando.
Un total de 85 días despois de entrar en erupción, e logo duns días relativamente tranquilos, este domingo o volcán da Palma rexistrou unha repentina e sobrecolledora reactivación, con grandes estoupidos e unha gran columna de cinzas.
Aínda así, o principal problema agora mesmo segue sendo a emisión de gases tóxicos na zona de exclusión. O Goberno local abriu os accesos terrestres pola zona norte aos veciños e agricultores afectados, aínda que é probable que a prohiba de novo a consecuencia da reactivación volcánica.