Melloras en sanidade, subvencións e reprodución do porco celta
Melloras en sanidade, subvencións e reprodución do porco celta
O sector quere multiplicar a produción ante crecente a demanda de alimentos
O pasado ano sacrificáronse 1.800 exemplares da raza
150 explotacións por toda Galicia e arredor de 4.000 animais en crianza. Son as cifras brutas do porco celta. Un sector que medra ano a ano, pero que aínda está lonxe de acadar todo o seu potencial.
Por iso, técnicos e gandeiros están a formarse para ampliar a cantidade de carne producida, as condicións de cría dos cochos e os apartados sanitarios.
Hai mercado e demanda, pero é precisa unha maior profesionalización.
O pasado ano sacrificáronse 1.800 animais, que supuxeron 190 toneladas de produtos cárnicos. Neste exercicio vanse superar esas cifras, pero aínda hai moita marxe de mellora.
O sector quere aproveitar o aumento das axudas europeas ao silvopastoreo e a gandería extensiva, que son os sinais de identidade da cría do porco celta.
Asoporcel celebrará o día 26 unha xornada formativa en Lugo e animan a participar a todos aqueles que queiran dar o paso e converterse en criadores de porco celta.