Publicador de contidos
Publicador de contidos

Menores da Coruña, entre as supostas vítimas de abuso sexual por internet dun home detido en Colombia

Menores da Coruña, entre as supostas vítimas de abuso sexual por internet dun home detido en Colombia

Tres menores son da Coruña e as outras vítimas en Venezuela, Costa Rica e Colombia

A investigación comezouna a Policía Nacional española en agosto de 2021, tras a denuncia de tres familias

Denunciaron que un descoñecido obtivera fotos e vídeos de contido sexual das súas fillas e que as ameazaba para que enviasen máis

G24.gal 25/10/2022 09:59 Última actualización 25/10/2022 13:55

A Policía Nacional de Colombia detivo a un home polo suposto abuso sexual de tres menores da Coruña e outras vítimas en Venezuela, Costa Rica e Colombia a través de Internet tras unha investigación iniciada pola Policía Nacional española.

A investigación arrincou en agosto de 2021, cando tres pais denunciaron que as súas respectivas fillas, de 13 anos, eran vítimas dun descoñecido a través dunha rede social.

En concreto, en dous dos casos dixeron que este descoñecido obtivera fotografías de contido sexual das menores e que as extorsionaba para obter máis fotografías e vídeos similares, baixo a ameaza de que se non llos enviaban, difundiría as que tiña.

As investigacións mostraron que o contacto se establecera a través dunha rede social que pon en contacto as persoas de maneira aleatoria, relata a Policía Nacional nun comunicado, no que alerta sobre o perigo deste método, pois en ocasións relaciona con delincuentes.

"Unha vez que obtivo as primeiras imaxes de dúas da cativas, o que facía era extorsionalas e ameazalas para obter máis material ilícito", explica Santiago Reboiras, inspector do grupo tecnolóxico da Policía Xudicial da Coruña que participou na investigación.

Nun dos casos, o agora detido cumpriu a súa ameaza e remitiu unha fotografía de contido sexual a un familiar dunha das menores.

As pescudas situaron a este home na localidade de Barranquilla (Colombia) e, coa colaboración da Interpol e a Policía Nacional de Colombia, foi detido e o seu domicilio, rexistrado.

A análise dos dispositivos informáticos intervidos permitiu demostrar a súa suposta participación en feitos similares con vítimas menores de Venezuela, Costa Rica e Colombia.

O xulgado de instrución número uno da Coruña solicitou a extradición deste home a España. EFE

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade