Cargando resultados...
Menos peixe nos mercados galegos debido ao temporal
Menos peixe nos mercados galegos debido ao temporal
Moitos postos pecharon e poucos clientes acudiron ás prazas
G24.gal
09/10/2024 15:09
A imaxe das prazas de abastos galegas esta mañá, por mor do temporal, era este mércores a de moitos postos pechados e con menos peixe. Aínda así, nos que abriron aseguran que segue habendo produto para dar servizo á clientela.
O que non había eran moitos clientes. Poucos se atreveron a desafiar o temporal para ir ao mercado. E os poucos que se achegaron a mercar peixe eran recibidos cos brazos abertos.
Os peixeiros agardan que a situación mellore para que as populares prazas de abastos galegas recobren o seu bulicio habitual.