Exploran a mina Consuelo, da Pontenova, para ampliar as galerías visitables
Exploran a mina Consuelo, da Pontenova, para ampliar as galerías visitables
Os túneles poderían chegar ata o centro da vila
A única mina visitable que hai en Galicia está na Pontenova. É unha antiga escavación que acaba de recuperarse parcialmente para o turismo. Un equipo técnico estuda agora como ampliar o número de galerías con acceso ao público.
Este sábado, submarinistas expertos estiveron na mina Consuelo para estudar as galerías inundadas. Sospeitan que ten unha gran lonxitude, con túneles que chegarían practicamente ata a capital do municipio.
Os profesionais desprazáronse dende Madrid para capitanear unha exploración na que tamén participan os espeleólogos que estudaron a mina, a segunda cavidade topografada máis longa de Galicia, despois da Cova do Rei Cintolo.
A mina explotouna un grupo vasco durante 20 anos a partir do 1904. Buscaban mineral de ferro. Hai filóns de ata 15 metros. Dende a pasada fin de semana, o público pode percorrer dúas galerías.
Abrir a sexta galería, case conectada co centro, sería un novo recurso turístico para o concello. A pasada fin de semana, puxo a funcionar unha tirolina no mesmo enclave en que os mineiros situaron un teleférico no 1905, para transportar os minerais que extraían das minas.