Publicador de contidos
Publicador de contidos

Meses de espera por unha tarxeta de aparcamento para persoas con discapacidade

Meses de espera por unha tarxeta de aparcamento para persoas con discapacidade

A familia pontevedresa fixo a solicitude o 13 de novembro pola discapacidade dun fillo

G24.gal 23/01/2024 13:57

Belén leva meses agardando pola tarxeta que lle permitiría empregar as prazas de aparcamento reservadas en Pontevedra para persoas con discapacidade. O seu fillo ten unha enfermidade rara e moitos problemas de mobilidade que se complicaron cunha luxación na rótula.

O 13 de novembro solicitou a tarxeta de aparcamento pola súa discapacidade pero seguen esperando. Dende a Administración explicáronlles que hai persoas que levan dende o verán nesa situación e que tiñan que ter paciencia.

Belén explicoulle que os seus problemas necesitan unha solución urxente, non dentro de seis meses. Sente impotencia por unha situación que afecta a súa vida cotiá. No centro de Pontevedra ten que empregar aparcadoiros privados e ir ao hospital convértese nunha odisea.

Négase a aceptar a situación porque a tarxeta de aparcamento é un dereito do seu fillo e non están a pedir favores. Demanda empatía da administración e non comprende que os trámites poidan demorarse tanto cando noutros concellos a xestión é moito máis rápida.

Belén xa reclamou e escribiu ao Concello para buscar solucións, pero polo de agora non tivo resposta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade