Cargando resultados...
Miah Cerrillo, de 11 anos, é a única supervivente do masacre de Texas
Miah Cerrillo, de 11 anos, é a única supervivente do masacre de Texas
Cuberta do sangue dos seus compañeiros, permaneceu inmóbil baixo os cadáveres e logrou despistar o asasino
G24.gal
26/05/2022 22:03
Unha nena de once anos é a única supervivente do masacre de Texas cunha historia que remove fondamente. A súa mellor amiga logrou marcar o número de emerxencias, pero o asasino disparoulle no momento.
O sangue salpicou a rapaza, que viu executar a todos os seus compañeiros, mentres permanecía inmóbil agochada baixo os cadáveres.
Así logrou despistar o asasino e converteuse na única supervivente da matanza. A pequena está traumatizada e vive co medo de que o asasino logre atopala para acabar coa súa vida.