Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de peregrinos reúnense no santuario de Fátima para rezar pola paz en Europa

Milleiros de peregrinos reúnense no santuario de Fátima para rezar pola paz en Europa

As pregarias pola fin da guerra no leste de Europa e pola recuperación da saúde repítense nas misas organizadas en distintos idiomas

G24.gal 13/05/2022 13:39

Despois de dous anos de restricións obrigadas pola pandemia de coronavirus, miles de peregrinos volveron concentrarse no santuario de Fátima, no centro de Portugal.

Fernando, que peregrinou 120 quilómetros desde a cidade de Alverca, próxima a Lisboa, di que "é un momento de reflexión, con bastante fe, que é o máis importante". María, peregrina francesa, explica que as súas oracións "son para os nenos ucraínos que están sendo masacrados".

As pregarias pola fin da guerra no leste de Europa e pola recuperación da saúde repítense nas misas organizadas en distintos idiomas que se celebran na capela construída no lugar onde, segundo a tradición católica, a Virxe se lles apareceu a 3 rapaces hai máis de cen anos. 

O santuario agarda recibir 150.000 visitantes, cifra que aínda está por debaixo da afluencia rexistrada en 2019. Os que si notarán esta volta á normalidade son os empresarios da zona, que agardan recuperar axiña os niveis de negocio previos á pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar