Publicador de contidos

Publicador de contidos

Miles de persoas asisten ás primeiras procesións da Semana Santa de Ferrol

Miles de persoas asisten ás primeiras procesións da Semana Santa de Ferrol

Declarada de Interese Turístico Internacional, é unha das festas máis multitudinarias de España

Bo tempo para acompañar a procesión de Xesús Amigo dos Nenos e a da Entrada triunfal de Xesús en Xerusalén

Entrada triunfal de Xesús en Xerusalem
G24.gal 13/04/2025 15:30

O tempo acompaña neste Domingo de Ramos e as procesións puideron saír con normalidade. En Ferrol, onde a Semana Santa está declarada de Interese Turístico Internacional, dúas procesións conmemoran a entrada de Xesús en Xerusalén.

Palmas e ramos, tambores, capuchóns, bandas de música conforman a paisaxe sonora da Semana Santa de calquera cidade. Tamén a de Ferrol, recoñecida desde hai once anos como Festa de Interese Turístico Internacional.  É unha das máis multitudinarias de España. "Levo moitos anos vindo a esta igrexa, bendicimos os ramos e despois imos á procesión"·
"Oliveira e loureiro (nunca falla o Domingo de Ramos), nunca, levo moitos anos".
"De Portugal, primeira vez aquí, encantador".

Cada ano, miles de persoas de Galicia e de fóra acoden a presenciar as distintas procesións que comezan o Domingo de Ramos e finalizan sete días despois co Domingo de Resurrección. "Eu procuro ir a todas as que podo, vou repartíndome". "O tempo tamén axuda, non?, pero tedes que vir o Xoves e Venres Santo, que é precioso".

Son moitos os que cumpren coa tradición, tamén a que pretende invocar a boa sorte. "Que o Domingo de Ramos se non estreas, non estreas en todo o ano".

Tras a bendición dos ramos na igrexa do Pilar... "A auga chegoume a todo, a min tamén me bendiciu"... saíu a primeira procesión, Xesús Amigo dos Nenos, pensada especialmente para os cativos. "Polo neno, que lle gustan moito os tambores, a música, todo o conxunto gústalle moito".

E ao redor do mediodía, chegou unha das procesións máis populares, que conmemora a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén, coñecida popularmente como a Burriquiña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade