Milleiros de autónomos pagaron un 8,6 % máis de cotas no mes de xaneiro
Milleiros de autónomos pagaron un 8,6 % máis de cotas no mes de xaneiro
Ao malestar por esta suba súmase o caos provocado por un erro no sistema da Seguridade Social
Cobráronlles de máis a 8.000 novos autónomos
Milleiros de autónomos atopáronse coa sorpresa dun incremento das súas cotas dun 8,6 por cento.
Na maioría dos casos os cobros realizáronse sen ter en conta a previsión de ingresos que establece o novo sistema de cotización.
A cota do mes de xaneiro tamén sorprendeu os novos autónomos, os que teñen dereito á tarifa plana e que lles cobraron 220 euros máis por un erro no sistema da Seguridade Social. As asesorías están a recibir unha avalancha de consultas.
Desde o Goberno central garanten que nos próximos días realizaranse as devolucións aos afectados.
Os autónomos afirman que as subas son un pau para este colectivo que xa perdeu 20.800 traballadores a nivel nacional.