Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de evacuados en Islandia por unha nova erupción volcánica

Milleiros de evacuados en Islandia por unha nova erupción volcánica

As autoridades declararon o estado de emerxencia e mandaron evacuar os 3.800 habitantes da localidade de Grindavik

G24.gal 30/05/2024 09:13

Unha nova erupción volcánica en Islandia obriga a desaloxar miles de persoas.

Os fluxos de lava alcanzan os 50 metros de altura e a lonxitude da fisura supera o quilómetro. É a quinta erupción en seis meses.

As autoridades islandesas declararon o estado de emerxencia e mandaron evacuar a localidade de Grindavik, a 50 quilómetros da capital e en que residen 3.800 habitantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade