Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de gregos súmanse á folga xeral convocada polo accidente ferroviario de Larisa

Milleiros de gregos súmanse á folga xeral convocada polo accidente ferroviario de Larisa

Os gregos levan tres semanas de mobilizacións contra o Goberno pola xestión do accidente

G24.gal 17/03/2023 08:37

Milleiros de gregos sumáronse onte á folga xeral de 24 horas convocada polos sindicatos dos sectores público e privado. Tres semanas despois do accidente de tren de Larisa, en que morreron 57 persoas, seguen as protestas pola neglixencia nas normas de seguridade.

Segundo cálculos da policía, máis de 25.000 persoas manifestáronse onte no centro de Atenas. Algúns manifestantes acabaron enfrontándose coa policía, que respondeu con gases lacrimóxenos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar