Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de persoas participan na romaría dos Milagres

Milleiros de persoas participan na romaría dos Milagres

A de Baños de Molgas é unha das devocións marianas máis importantes de Galicia

Xente chegando ao santuario dos Milagres
G24.gal 08/09/2022 14:43 Última actualización 08/09/2022 14:58

Malia que nunca chegou a suspenderse, non se vía un ambiente así nos Milagres desde antes da pandemia.

José Manuel Villar, Reitor dos Milagres: "Significa recuperar un pouco a normalidade e darnos conta de que o futuro da nosa fe cristiá está máis nos mosteiros e nos santuarios".


A medida que avanza a mañá, vaise enchendo de xente a explanada do santuario porque dentro non se cabe xa. Así e todo, din os habituais, non é como nos vellos tempos.

"Onte á noite non houbo tanta coma outros anos". "Houbo máis xente outros anos. A estas horas xa non se podía entrar", comentan dous romeiros.

Moitos veñen a pé, outra das tradicións desta romaría. 

"Vimos para ver a Virxe. Xa viñemos dúas ou tres veces", sinala un romeiro que veu desde a localidade próxima de Arnuide.

Tráenlle á Virxe as súas ofrendas: candeas e exvotos que depositan na capela. 

"Estou operada de cancro de mama e dóeme unha cadeira, así que traio o corpo enteiro". "Eu só pido pola saúde de todos. Non debemos pedir o que non fai falta", cóntannos dúas mulleres.

Antigamente, a romaría culminaba cunha comida de campo, substituída hoxe en día por ducias de postos ambulantes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar