Miñones salienta no Porriño a importancia da vacinación para salvar vidas
Miñones salienta no Porriño a importancia da vacinación para salvar vidas
O ministro de Sanidade visitou á planta de fabricación de vacinas de Biofabri
O ministro de Sanidade José Miñones manifestou este mércores no Porriño a súa incredulidade ante o feito de que aínda sexa necesario aclarar que as vacinas salvan vidas.
“Parece mentira que teñamos que estar a certificar o que di a comunidade científica: que as vacinas son seguras, que salvan vidas”, dixo Miñones durante unha visita á planta de fabricación de vacinas de Biofabri, do grupo biofarmacéutico Zendal, onde defendeu o éxito do proceso de vacinación contra a COVID-19 levado a cabo en España.
A fábrica pertence a Zendal, un dos poucos grupos autorizados en España para producir vacinas de uso humano. Miñones agradeceulles o traballo que fan en innovación e investigación. E defendeu a mesma vacinación para todos os países.