Minuto de silencio en Logroño para condenar o último crime machista
Minuto de silencio en Logroño para condenar o último crime machista
Esta tarde celebrarase unha concentración xunto ao mural contra a violencia de xénero
O home matou a súa muller e intentou afogar os tres fillos da parella
Este mediodía decenas de persoas concentráronse en Logroño convocados pola Delegación do Goberno para condenar o crime machista deste sábado, e mostrar a solidariedade coa familia.
E ás sete da tarde, convocados polo Concello, terá lugar outra protesta xunto ao mural contra a violencia de xénero. Todos os partidos políticos condenaron un crime que conmocionou Logroño.
O home matou a súa muller e despois intentou afogar no río os fillos da parella, dúas nenas e un neno, de entre 7 e 11 anos.
Ao parecer, o máis pequeno fuxiu e pediu axuda. A Policía detivo o agresor, que confesou os feitos. O xuíz decretou o segredo do sumario.