Publicador de contidos
Publicador de contidos

Misa de Rosalía, conmemoración da primeira eucaristía celebrada en galego

Misa de Rosalía, conmemoración da primeira eucaristía celebrada en galego

A misa en homenaxe á poeta converteuse en 1965 na primeira liturxia que se oficiaba na nosa lingua de xeito oficial

Ofrenda floral á poeta no Panteón de Galegos Ilustres Ofrenda floral á poeta no Panteón de Galegos Ilustres
G24.gal 25/07/2024 21:23 Última actualización 25/07/2024 21:29

Como cada 25 de xullo, celebrouse a misa a Rosalía de Castro.

Naceu como unha homenaxe á poeta pero converteuse en todo un símbolo, porque tal día coma hoxe de hai 59 anos, a celebración desta eucaristía, converteuse na primeira misa que oficialmente se celebraba en galego. Todo un fito en 1965, que contou coa aprobación do cardeal Quiroga Palacios e cunha homilía integramente en galego do Padre Seixas.

Tras a misa, as autoridades, entre as que estaban o presidente do Parlamento ou os conselleiros de Cultura, de Educación e do Mar, realizaron unha ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres, onde repousan os restos de Rosalia de Castro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar