Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moaña recupera o barco a Vigo dos domingos e estrea frecuencias cada media hora polas mañás

Moaña recupera o barco a Vigo dos domingos e estrea frecuencias cada media hora polas mañás

G24.gal 02/01/2024 08:48

Os novos horarios do transporte de ría entre Moaña e Vigo entran en funcionamento este martes, primeiro día laborable de 2024. O regreso do barco dos domingos, unha década despois da súa supresión, e o reforzo do servizo matutino, moi empregado polos traballadores, son as principais novidades.

Son 42 frecuencias semanais máis entre ambos os dous peiraos. Na franxa entre as 6:30 e as 9:30 da mañá, unha das máis demandadas polos usuarios para acudir aos seus postos de traballo aos dous lados da ría, haberá barcos cada media hora.

Outro cambio substancial é a recuperación das viaxes os domingos con oito frecuencias diarias polas mañás, entre as 11:00 e as 13:00, e polas tardes, de 16:00 a 20:00. Xa no Nadal se puxera en marcha esta liña polas viaxes para ver as luces de Vigo e, tamén de xeito ocasional, durante o verán. De feito, na campaña estival de 2023 rexistráronse 83.065 viaxeiros, un 22 % máis ca o ano anterior.

Nos últimos meses aumentou o número de viaxeiros neste servizo entre Moaña e Vigo pola rebaixa do 50 %  nos billetes coa tarxeta metropolitana. A tarifa, co prezo actualizado de 2024, logo de aplicar unha suba de 15 céntimos no billete ordinario e de 8 no reducido, queda en 2,40 euros e 0,75 por traxecto, respectivamente. Segundo informa a compañía Nabia, adxudicataria do servizo, o número total de usuarios o ano pasado foi de 251.486.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade