Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mohammad e Fadi poden por fin abrazarse sen unha reixa polo medio

Mohammad e Fadi poden por fin abrazarse sen unha reixa polo medio

Adían a este martes a declaración de nove detidos declaran ante a Fiscalía grega acusados de tráfico de persoas e de seren os responsables do naufraxio en que faleceron centos de persoas

G24.gal 19/06/2023 11:41

Mohammad puido por fin reunirse con seu irmán, Fadi. Foi logo do seu primeiro encontro a semana pasada nun campamento para migrantes na localidade grega de Kalamata.

Desta vez puideron abrazarse sen unha reixa polo medio, entre as bágoas e os saloucos, nun encontro entre irmáns logo de anos sen poder verse.

Mohammad, de 18 anos e de nacionalidade siria, cóntase entre os 104 superviventes do naufraxio dun pesqueiro no mar Xónico que transportaba centos de persoas que trataban de alcanzar Europa nesa precaria embarcación.

Seu irmán, Fadi, que vive en Italia, explicaba hai uns días que viaxara ata Grecia coa esperanza de poder ver a seu irmán, quen estivera dous anos en Libia agardando a oportunidade de viaxar.

Nove detidos polo naufraxio declararán este martes ante Fiscalía grega

Os nove detidos polo naufraxio do pasado mércores declararán este martes ante a Fiscalía da cidade grega de Kalamata, que lles pode acusar de tráfico de persoas.

Trátase de nove homes de nacionalidade exipcia, que se atopan entre os 104 rescatados do naufraxio, e que foron detidos polas autoridades o pasado xoves.

As autoridades gregas trasladaron ao martes a súa declaración tras a solicitude da súa defensa desta medida para estudar con tempo o seu testemuño. 

Os supostos traficantes, que negaron as acusacións, poderían afrontar cargos de tráfico ilícito de inmigrantes, causar un naufraxio e poñer vidas en perigo.

Onte, domingo, nove sobreviventes, acudiron desde o centro de internamento nos arredores de Atenas onde foron trasladados os rescatados, para prestar testemuño sobre o ocorrido.

Mentres, na zona onde se produciu a traxedia seguen as operacións de busca, aínda que as posibilidades que atopar sobreviventes son case nulas.

Segundo a televisión pública ERT, a embarcación partira desde Exipto, fixo unha escala no leste de Libia, onde embarcaron os migrantes, e despois seguiu rumbo a Italia.

Segundo os testemuños dos rescatados, unhas 700 persoas viaxaban na abarrotada embarcación, nunha das maiores traxedias migratorias no Mediterráneo.

"Á miña muller e aos meus fillos puxéronos nas adegas", sinala Ra, un paquistaní de 24 anos, cuxo testemuño recolle o diario Kathimerini.

"Os que non tiveron tempo de saír afundíronse co barco, entre eles a miña muller e os meus fillos", sinalou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade