Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moito movemento nas estacións de tren e aeroportos no inicio da operación saída

Moito movemento nas estacións de tren e aeroportos no inicio da operación saída

Renfe dispón 22.000 prazas a Galicia entre este venres e o luns

Os aeroportos galegos conectarán con 14 destinos internacionais

G24.gal 29/06/2024 14:09

Movemento de maletas na estación de tren de Santiago. Nunha das fin de semana do ano con máis desprazamentos, Renfe ofrece 22.00 prazas para viaxar a Galicia entre este venres e o luns.
 

"Somos de Miami, Florida, e viñemos a Galicia porque os meus avós eran de aquí. Eles faleceron pero sempre quixen vir aquí".

"Onte rematamos o Camiño Primitivo, exitosamente, e regresamos a Madrid uns días. Somos de Porto Rico".

"Son dos Ánxeles, California, e con meu irmán fixen a ruta desde O Porto. Levounos 11 días, foi moi duro pero marabilloso".

"Volvemos a Alacant, imos a Madrid e á nosa localidade".
 

Tamén atopamos moitos peregrinos nesta multitude para facturar no aeroporto da Lavacolla.

"De Sevilla. Fixemos o camiño desde Tui ata Santiago, 120 quilómetros, en seis días. Un pouco duro, pero ben. Lográmolo".

"Era a segunda vez que o facía. O ano pasado vin coa miña parella e este ano soa e foi incrible, para repetir".

E outros, de volta á casa tras rematar as vacacións

"Estivemos visitando diferentes lugares de Galicia. Temos pendente facer o Camiño de Santiago".

"Viñemos a Santiago, cinco días e agora xa volvemos para Barcelona".

"É a semana que temos de vacacións porque no verán temos traballo, nun bar, nun supermercado. Vimos agora e marchamos para San Fermín".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade