Moitos usuarios de Renfe quéixanse do aumento da dificultade para mercar billetes de tren
Moitos usuarios de Renfe quéixanse do aumento da dificultade para mercar billetes de tren
Para mercar con antelación ou de urxencia, xa non hai garantía de que haxa billetes de tren
Moitos usuarios din que teñen que readaptar a súa axenda por mor da falta de boletos para viaxar cando o precisan
Usuarios ocasionais e habituais do tren, todos reclaman melloras na oferta de prazas
Nin mercar o billete con antelación, nin facelo a última hora, nin por Internet, nin nas estacións. Cada vez resulta máis complexo dar coa clave para lograr mercar un billete de tren. Aumentan as queixas dos usuarios pola falta de prazas para viaxar en Renfe.
"Non hai billetes", é, practicamente, a frase que máis se repite, que máis escoitamos que nos din os usuarios, tanto os habituais como os ocasionais, que usan o transporte ferroviario. O que nos comentan moitos destes usuarios é que nin nas máquinas expendedoras que hai nas estacións, coma esta na que estamos, na estación de Santiago, nin na aplicación, nin na web de Renfe.
Ás veces tamén, moi complicado, en ventá, cóntannos que cada vez está sendo máis difícil dar cun billete para a hora e destino que prefire o usuario. Din moitos deles que teñen que readaptar os seus horarios e as súas actividades diarias en función das prazas que atopan dispoñibles.