Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mon Devane pinta un gran mural dunha gaiteira de 22 metros na súa cidade, Ourense

Mon Devane pinta un gran mural dunha gaiteira de 22 metros na súa cidade, Ourense

A súa nova obra chámase A gaiteira real, e a protagonista é unha moza gaiteira ourensá de 16 anos

En nove xornadas de traballo pintou o mural de gran formato, o primeiro que ten na cidade de Ourense

Entre outros proxectos, é o creador da nova imaxe do cartel do Festival Internacional de Cine de Ourense

'A gaiteira real" de Mon Devane é visible desde a entrada á cidade pola A-52.
G24.gal 04/09/2023 21:23

O artista urbano Mon Devane ten xa o seu primeiro mural de gran formato en Ourense, a súa cidade natal. Hai anos que tiña en mente o proxecto de pintar nunha fachada da cidade, e este verán realizou en nove días a obra A gaiteira real, un mural que aspira a converterse nun símbolo máis da cidade das Burgas.

A protagonista deste novo mural do ourensán Mon Devane é una gaiteira real de Ourense, Estela Rodríguez, unha moza de 16 anos que toca na Real Banda de Gaitas de Ourense. 

"Estou moi contento porque é o meu primeiro mural de gran formato en Ourense; tiña moitas ganas de facelo e de que fora concretamente nesta localización, que é a entrada ao acceso centro desde a autovía á cidade de Ourense", di o artista urbano Mon Devane.

Visible tan pronto entras en Ourense no barrio de Vista Fermosa, o artista urbano Mon Devane tardou nove xornadas de agosto en pintar nesta fachada co selo da súa cor turquesa unha obra de 22 metros. Un mural en homenaxe á súa cidade é á musica tradicional galega.

"Un pouco exalzar eses valores de sacrifico da xente que estuda música".

Despois desde proxecto financiado pola Deputación Provincial, tamén lle gustaría completar un díptico na fachada lindeira cun mozo gaiteiro que acompañe a Estela. Só falta, di, que algún patrocinador ou institución se anime a promovelo, e el estaría encantado. 

Mentres pensa en facer realidade máis soños pintados en novos murais, no seu estudio en Ourense traballa tamén noutros proxectos. El é o autor da nova imaxe e do cartel do Festival Internacional de Cine de Ourense. 

"Fixen un boneco, que é unha figura moi ourensá, con boina e un paraugas ás costas e que está agarrando unha cámara de Super 8".

Sen deixar de crear co spray, di que está a iniciar tamén unha transición a formatos máis pequenos en que deixar a súa sinatura.

O artista ourensán mira o seu novo mural na súa cidade, situado nunha fachada dun edifico no barrio de Vista Fermosa.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade