Mondoñedo celebra a feira das San Lucas con máis de 500 cabalos
Mondoñedo celebra a feira das San Lucas con máis de 500 cabalos
Acoden tratantes e gandeiros de toda Galicia, Asturias e Portugal
A celebración data de hai máis de 800 anos
Árabe, percherón, poni... hai moitas razas de cabalo nas San Lucas de Mondoñedo, pero a que máis abonda é a pura galega. Este ano viñeron arredor de 500 animais ata o recinto feiral. Con tanta oferta, os tratos fanse de rogar, pero acábanse pechando.
E é que os cabalos son a grande atracción da feira. Milleiros de curiosos acoden ata Mondoñedo para gozar das actividades da festa, pero sobre todo para contemplar os animais. Os gandeiros e tratantes chegan dende toda Galicia e mesmo Asturias e Portugal. Aínda que este tipo de gandería vai a menos, As San Lucas seguen sendo un gran reclamo.
Á parte dos cabalos, o resto da feira estivo ateigado de visitantes xa dende a mañanciña. Porque xa se sabe que non hai celebración galega onde falten a comida ou a bebida.
Con máis de 800 anos de historia, As San Lucas de Mondoñedo está considerada a feira máis antiga de Galicia.