Publicador de contidos
Publicador de contidos

Montero confía na remontada electoral e Gamarra na "caducidade do sanchismo"

Montero confía na remontada electoral e Gamarra na "caducidade do sanchismo"

María Jesús Montero sostén que a fragmentación á esquerda do PSOE foi fundamental para darlles folgos ao PP e a Vox

Cuca Gamarra sinala que o electorado quere cambio e que o sanchismo "ten data de caducidade: o 23 de xullo"

G24.gal 04/06/2023 15:23 Última actualización 04/06/2023 20:37

A número dous do PSOE, María Jesús Montero, recoñece nunha entrevista no xornal El País que os socialistas non cumpriron coas expectativas electorais o domingo pasado. Apunta tres claves: di que o PP absorbeu o voto de Ciudadanos, que os socialistas necesitan activar tres millóns de indecisos e que a fragmentación á esquerda do PSOE dilapidou moitos votos.

"Toca que a esquerda do partido socialista faga unha seria reflexión de como é máis eficaz que acudan ás urnas, porque é evidente, e basta asomarse aos datos, para ver que hai miles e miles de votos que se tiraron ao lixo".

Desde o PP, Cuca Gamarra sostén que o seu partido está activado para gañar as eleccións de xullo. Asegura que os populares farán unha campaña moderada fronte á confrontación que propón Pedro Sánchez e engade que as urnas determinarán a caducidade do sanchismo.

"Esa data de caducidade do sanchismo é o próximo 23 de xullo. Hai quen cre e quere converter esta nova campaña electoral nunha sobredose de confrontación, de insulto, e Pedro Sánchez o que demostra con isto é que non entendeu absolutamente nada".

A semana vindeira é clave para a presentación de coalicións aos comicios e, polo tanto, para conformar unha alternativa arredor de Yolanda Díaz que inclúa Podemos. O venres 9 é a última oportunidade, xa que remata o prazo legal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade