Cargando resultados...
O Festival Agrocuir de Monterroso, en pé por un rural diverso e sostible
O Festival Agrocuir de Monterroso, en pé por un rural diverso e sostible
A cita contempla charlas, xogos, teatro e música durante dous días
Entre outros obxectivos, reclaman un rural vivo e sostible
G24.gal
26/08/2022 20:40
O colectivo Agrocuir reivindica un festival pola diversidade tamén no rural.
Comezou hai nove anos, daquela en Granxa Maruxa, cun grupo de amigos que foron a máis, de aí o cambio de localización. O que se manteñen son os ideais dun mundo rural vivo e sostible.
O festival, que dura dous días, inclúe charlas, teatro, xogos e moita festa. A área da Peneda é o escenario para as probas dun maratón pola diversidade e o rural.