Publicador de contidos
Publicador de contidos

Montse Lama devolve aos populares a maioría na Deputación de Ourense

Montse Lama devolve aos populares a maioría na Deputación de Ourense

Decidiu dar o paso de volver ao PP, partido ao que estivo afiliada exercendo como deputada provincial ata o 2019

G24.gal 01/08/2022 09:18

Manuel Baltar garante de novo a maioría popular na Deputación provincial ao fichar polo PP a deputada non adscrita Montse Lama. Isto acontece días despois de que Democracia Ourensana rompera o pacto co Partido Popular.

Romperon eses pacto tanto no concello como na Deputación. No ente provincial os populares tiñan 12 dos 25 deputados polo que o apoio de Democracia Ourensana garantíalle esa maioría aínda que nos últimos meses xa non era necesarios porque a que fora elixida deputada por Ciudadanos e despois pasou ao grupo de non adscritos, Montse Lama, xa apoiaba os populares.

Agora decidiu dar o paso de volver o PP, partido ao que estivo afiliada exercendo como deputada provincial ata o 2019. Baltar recupera así a maioría na Deputación. Mentres no concello Jácome redistribúe as competencias que tiñan os edís do PP entre os 4 concelleiros de Democracia Ourensana que están á fronte do goberno de Ourense, quedando el con boa parte da responsabilidade.

A oposición segue a explorar vías para unha posible moción de censura sen que polo momento transcenderan avances.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade