Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moreno Bonilla anuncia a composición do seu novo goberno

Moreno Bonilla anuncia a composición do seu novo goberno

Contará con 13 consellerías ocupadas por sete mulleres e seis homes

G24.gal 25/07/2022 17:45

O presidente andaluz, Moreno Bonilla, anunciou hoxe a composición do seu novo goberno.
Terá 13 consellerías, con sete mulleres e seis homes á fronte.

Moreno destacou que se trata do goberno autonómico máis reducido de toda España, tendo en conta a poboación que ten Andalucía. E citou como retos principais combater a inflación e xestionar a baixada de impostos que anunciou hai uns días.

O PP andaluz goberna dende agora en solitario, cunha ampla maioría absoluta de 58 deputados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade