Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece a escritora madrileña Almudena Grandes aos 61 anos

Falece a escritora madrileña Almudena Grandes aos 61 anos

Hai un mes anunciaba nunha columna que padecía cancro

Aluvión de condolencias desde o mundo das letras, da política, das artes e do deporte

G24.gal 27/11/2021 17:44 Última actualización 17.20

A escritora Almudena Grandes morreu aos 61 anos de cancro, conforme anunciou a cadea Ser. A escritora anunciaba hai un mes na súa columna de "El País Semanal" que padecía cancro desde facía pouco mais dun ano.

A autora dos "Episodios de una guerra interminable" ou "A madre de Frankenstein" e "Besos en el pan" relataba que no momento do diagnóstico da enfermidade non quixo contalo porque precisaba "estar tranquila, co seu corpo e con ela mesma".

Novelou a épica dos perdedores. Ninguén como Almudena Grandes tivo a forza e a constancia para darlle aos derrotados do século XX español a épica literaria que lles faltaba.

Sensibilizada e conectada coa memoria histórica, Grandes comezaba en 2010 un dos seus proxectos literarios de máis longo alcance na narrativa española contemporánea:  "Episodios dunha guerra interminable", unha saga de seis novelas que atravesaban o peor da historia do século XX.

Grandes tiña a curiosidade da historiadora e a potencia da novelista.

O presidente do Goberno Pedro Sánchez, lamentaba este sábado nun chío en Twiter o falecemento de Almudena Grandes e destacaba "a mirada progresista" da escritora.

Pesar ao que se uniron personalidades das letras e da política española e o Ministro de Cultura Miquel Iceta tamén nas redes sociais.

Aluvión de condolencias desde o mundo das letras, das artes e do deporte. O Atlético de Madrid chora a perda dunha Atlética "de corazón".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade