Cargando resultados...
Morre aos 104 anos Pilar Rodríguez Prada, viúva de Valentín Paz Andrade
Morre aos 104 anos Pilar Rodríguez Prada, viúva de Valentín Paz Andrade
Tratou a todos os intelectuais galeguistas da posguerra
Casaron en 1939 e estiveron xuntos ata a morte do escritor en 1987
G24.gal
12/09/2022 21:21
Pilar Rodríguez Prada, viúva do político e escritor Valentín Paz Andrade, morreu esta noite pasada aos 104 anos.
Nada en Cuba, criouse en Valdeorras. Coñeceu a Paz Andrade, desterrado en Trives na Guerra Civil. Casaron no 39 e estiveron xuntos ata a morte do escritor en 1987.
Grazas a ela e ao seu afán de conservación chegaron a nós moitos dos escritos dun dos grandes da literatura galega do século XX.
O ano pasado perdera o seu único fillo, o empresario Alfonso Paz Andrade, nun accidente de tráfico.
Pilar Rodríguez seguía residindo na casa familiar de Samil, en Vigo.