Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un can no incendio dun pendello en Tomiño

Morre un can no incendio dun pendello en Tomiño

Os bombeiros tiveron que intervir dúas veces para sufocar as lapas

G24.gal 27/01/2022 11:09

No incendio dun pendello en Tomiño morreu o can da familia, que non conseguiu escapar das lapas.  Os propietarios si puideron salvar o cabalo que estaba no mesmo pendello.

Todo parece indicar que o lume se iniciou por unha caldeira que estaba dentro do alboio na parroquia de Tebra. No lugar había moita palla e leña acumulada, que ao prender fixeron que aumentase a carga térmica no lugar.

Poucas horas despois de apagalo, os bombeiros do Porriño tiveron que volver ao lugar para arrefriar as brasas que quedaban e espallalas para evitar que se reavivase o lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade