Morre un home atropelado en Brión na estrada entre Bastavales e A Picaraña
Morre un home atropelado en Brión na estrada entre Bastavales e A Picaraña
O falecido, de 53 anos, camiñaba de madrugada pola vía, que non conta con beirarrúa e carece de iluminación
O peón non levaba ningunha peza reflectora e a condutora que o levou por diante deu negativo nas probas de alcolemia
Atropelo mortal en Brión, na comarca de Compostela. Morreu un veciño de 53 anos que circulaba por unha estrada na que non hai beirarrúa e carece de iluminación.
Unha condutora que ía para traballar levouno por diante pouco despois das cinco da madrugada. O falecido non levaba ningunha prenda reflectora e todo apunta que podería regresar dunha festa que se celebrou nunha localidade próxima.
A muller deu negativo nas probas de alcoholemia. A Garda Civil de Tráfico investiga as causas deste accidente que se produciu na estrada local que comunica Bastavales coa Picaraña.
Emerxencias sanitarias de Galicia-061 comunicou o falecemento do peón e pediu a presenza da Garda Civil de Tráfico, que sinalizou a zona. O equipo de atestados recolleu a información para a investigación do suceso.
#AXEGAInforma dun atropelo mortal
— 112 Galicia (@112Galicia) August 31, 2024
📍AC304, Soigrexa, #Brion
▶️En pouco tempo, o equipo médico confirmou o falecemento
🚨Urxencias Sanitarias de Galicia-061, @guardiacivil de Tráfico, persoal de mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas
ℹ️ https://t.co/bmXbUJAygI pic.twitter.com/SKNuOS13oz