Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home atropelado por un tren en Crecente

Morre un home atropelado por un tren en Crecente

Ao parecer buscábano dende o domingo e estaba desorientado

O maquinista deulle avisos para evitar o atropelo, pero non se afastou

G24.gal 09/10/2023 20:37 Última actualización 09/10/2023 21:28

Un home morreu atropelado a primeira hora da tarde deste luns na vía do tren, a pouca distancia da estación de Filgueira, en Crecente. Ao parecer, o home camiñaba pola vía e fixo caso omiso aos sinais que lle enviaba o maquinista, e foi inevitable o atropelo. Era un convoi de mercadorías que circulaba en sentido Vigo.

Nun primeiro momento o maquinista, que foi quen o asistiu, dixo que aínda respiraba, pero cando chegaron os servizos de emerxencia xa falecera.

A vítima é un cidadán portugués que estaba sendo buscado dende o domingo polos seus familiares, cos que saíra facer sendeirismo. Nun momento dado desapareceu. Unha alerta foi enviada aos teléfonos móbiles dos veciños de Crecente. Todo apunta a que se desorientou despois de pasar a noite á intemperie e non tomar a medicación para a súa enfermidade.

Aínda que non se desbota ningunha hipótese, a causa máis probable apunta a un descoido polo estado de saúde mental do falecido que derivou no fatal accidente.

O tráfico ferroviario entre Vigo e Ourense estivo cortado durante dúas horas, mentres se procedía ao rescate do corpo, situado nun lugar de difícil acceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade