Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Crecente .

Publicador de contidos

Contido con Xeográficas Crecente .

Crecente

Axentes traballando no incendio de Crecente (Pontevedra) - Adrián Irago - Europa Press

Extinguidos os incendios de Oímbra, Crecente e controlado o de Entrimo

06/09/2024 10:08

Medio Rural asegura que hai probas da intencionalidade do lume de Crecente, onde desactivou o nivel 2 de alerta tras arrasar 267 hectáreas

O que afectou ao Parque do Xurés, en Entrimo, queimou unhas 200 hectáreas

O lume de Oímbra, que calcinou 27 hectáreas, ameazou un depósito de combustible


Europa Press/ Adrián Irago

O incendio que arrasa xa máis de 300 hectáreas en Crecente foi provocado

05/09/2024 18:48

Esta madrugada desactivouse a situación 2, activada pola proximidade das lapas a varias aldeas

Tamén puideron ser intencionados o lume de Entrimo, que Medio Rural deu por estabilizado e queimou polo menos 200 hectáreas, e o que se declarou a pasada noite en Oímbra, xa baixo control

Etiquetas:  INCENDIO

Volven á casa os desaloxados polo incendio de Crecente, que arrasa xa 200 hectáreas

05/09/2024 11:44

A Xunta mantén o nivel 2 de alerta pola proximidade a vivendas do incendio, que puido ser intencionado

Solicitouse por parte da Xunta a incorporación aos labores de extinción de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME

O vento dificulta o traballo dos servizos de extinción

Categorías:  Galicia   Crecente   Sucesos

Desaloxados máis de 20 veciños e decretado o nivel 2 de alerta en Crecente por un incendio

05/09/2024 04:34

A Xunta activouna como medida preventiva, pola proximidade das lapas aos núcleos de poboación

O alcalde amosábase convencido na Radio Galega da intencionalidade do incendio

Explicou que os catro veciños de San Colmede, que seguían alí, tiveron que facerlle fronte ao lume sós ao estar cortada a única pista de acceso

Segundo as últimas estimacións, o lume supera as 20 hectáreas de superficie afectada


Controlado o incendio intencionado de Crecente, que deixa 170 hectáreas calcinadas

16/04/2024 21:18

O vento complicou as tarefas dos servizos de extinción para estabilizar e controlar o perímetro

Segundo os últimos datos de Medio Rural, todo indica que foi intencionado


Un incendio intencionado queima xa 170 hectáreas en Crecente

16/04/2024 08:15

Medio Rural avanza que o lume quedou estabilizado a primeira hora da tarde


Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061

Morre unha muller atropelada no concello de Crecente

24/12/2023 19:37

Aconteceu pasadas as catro da tarde na PO-400, á altura da parroquia de Quintela

Categorías:  Galicia   Crecente   Sucesos
Etiquetas:  ATROPELO   ACCIDENTE

Morre un home atropelado por un tren en Crecente

09/10/2023 20:37

Ao parecer buscábano dende o domingo e estaba desorientado

O maquinista deulle avisos para evitar o atropelo, pero non se afastou


Falece un motorista en Crecente ao caer do seu vehículo

22/06/2023 21:42

O sinistro ocorreu a última hora da tarde deste xoves na PO-400


Controlado o incendio forestal de Crecente

19/05/2023 19:09

Todo apunta a que foi intencionado porque empezou en tres focos

A superficie queimada é de 100 hectáreas


Estabilizado o incendio de Crecente que calcinou xa cen hectáreas

19/05/2023 14:21

O incendio comezou en tres focos diferentes


Evolución favorable do incendio de Crecente, que se iniciou en tres focos diferentes

18/05/2023 22:45

O lume, que se iniciou no serán do xoves, arrasou 100 hectáreas

Publicidade
Publicidade