Un incendio intencionado queima xa 170 hectáreas en Crecente
Un incendio intencionado queima xa 170 hectáreas en Crecente
Medio Rural avanza que o lume quedou estabilizado a primeira hora da tarde
Un incendio intencionado que aínda segue activo queimou xa 170 hectáreas no municipio pontevedrés de Crecente, segundo informou a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, se ben "evoluciona favorablemente cara á súa estabilización", avanza a mesma fonte.
ACTUALIZACIÓN da superficie afectada polo #IFAngudesCrecente: arredor de 50 hectáreas. Evoluciona favorablemente cara a súa estabilización.
— incendios 085 (@incendios085) April 16, 2024
O lume iniciouse ás 19:57 horas deste luns na parroquia de Angudes, onde se detectaron ata tres focos simultáneos, "o cal apunta á súa intencionalidade", segundo a conta @incendios085 na rede social X de Medio Rural.
Afortunadamente na zona non hai vivendas e non houbo que lamentar danos persoais. O vento soprou con forza nas últimas horas e foi o peor aliado dos medios de extinción. Esta mañá mesmo reavivou o lume.
No lugar do incendio despregáronse medios de extinción terrestres e aéreos de todas as provincias. Ao longo da mañá conseguiron estabilizar o lume. Porén queda moito traballo na zona para revisar e arrefriar o perímetro.