Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volven á casa os desaloxados polo incendio de Crecente, que arrasa xa 200 hectáreas

Volven á casa os desaloxados polo incendio de Crecente, que arrasa xa 200 hectáreas

A Xunta mantén o nivel 2 de alerta pola proximidade a vivendas do incendio, que puido ser intencionado

Solicitouse por parte da Xunta a incorporación aos labores de extinción de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME

O vento dificulta o traballo dos servizos de extinción

G24.gal 05/09/2024 11:44

O lume do concello pontevedrés de Crecente, na parroquia de Filgueira, continúa activo, e permanece declarada a Situación 2 como medida preventiva, aínda que as máis de 20 persoas desaloxadas a pasada madrugada dos seus domicilios xa puideron volver aos seus núcleos de poboación.

No lugar tamén están a traballar os investigadores para tentar determinar se o lume foi intencionado. Segundo os veciños tiña varios focos.

Segundo as últimas estimacións, o incendio, que se iniciou ás 22.32 horas de onte, afecta unha superficie de arredor de 200 hectáreas. Para a súa estabilización mobilizáronse ata o de agora 4 técnicos, 23 axentes, 38 brigadas, 29 motobombas, 5 pas, 9 helicópteros e 3 avións.

Ademais, solicitouse por parte da Xunta a incorporación aos labores de extinción de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Xosé Luis Fernández, un dos responsables do operativo, aseguraba este xoves que o vento está a dificultar o seu traballo. Malia todo agarda que nas vindeiras horas quede totalmente estabilizado o último foco.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade