Controlado o incendio forestal de Crecente
Controlado o incendio forestal de Crecente
Todo apunta a que foi intencionado porque empezou en tres focos
A superficie queimada é de 100 hectáreas
Os equipos de extinción conseguiron controlar o incendio 20 horas despois de comezar. Todo apunta a que foi intencionado. As lapas prenderon en tres focos diferentes e case en simultáneo.
O vento que soprou con forza dificultou, e moito, o labor dos medios áereos e terrestres despregados na zona, que é montañosa e de difícil acceso.
O peor momento foi pola noite, cos medios aéreos sen poder traballar, as lapas chegaron a rodear un núcleo de casas, pero finalmente non houbo que desaloxar os veciños.
Os equipos de extinción conseguiron frear o avance das lapas. Pero o susto, din, foi grande.
As primeiras estimacións da Consellería do Medio Rural sobre a superficie queimada apuntan que son cen as hectáreas que arderon.