Morre un home e catro persoas máis quedan feridas nun tiroteo en Sevilla
Morre un home e catro persoas máis quedan feridas nun tiroteo en Sevilla
Un dos feridos está moi grave
O suceso produciuse no barrio das Tres Mil Vivendas por causas que están a ser investigadas. A policía detivo unha persoa
Un home morreu e outras catro persoas foron feridas, unha delas de gravidade, nun tiroteo que se produciu esta madrugada na zona das Tres Mil Vivendas de Sevilla.
Segundo informaron a EFE fontes da investigación, os feitos sucederon na avenida Victoria Domínguez Cerrato por motivos que se están investigando.
Ao parecer, o tiroteo non tería que ver co narcotráfico, senón cunha disputa por motivos persoais entre dous clans.
A Policía Nacional despregou un amplo dispositivo na zona do tiroteo, e xa hai un detido por este suceso.
Os feridos foron trasladados ao Hospital Virgen del Rocío de Sevilla, e un deles atópase moi grave.