Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un home na praia do Orzán

Morre un home na praia do Orzán

O suceso prodúcese apenas 24 horas despois de que no areal de Riazor falecera outro home

G24.gal 24/07/2024 14:39 Última actualización 24/07/2024 15:36

Un home perdeu a vida na mañá deste mércores na praia do Orzán, na Coruña.  Ao parecer debeuse a un infarto. O suceso prodúcese apenas 24 horas despois de que no areal de Riazor falecera outro home.

Segundo informaron fontes do 112 a Europa Press, o suceso produciuse sobre as 12.45 horas desta xornada e os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento.

No operativo, ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tamén participaron a Policía Nacional e a Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos