Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un motorista de 60 anos na Coruña por unha caída

Morre un motorista de 60 anos na Coruña por unha caída

Os servizos médicos desprazados ao punto só puideron confirmar o falecemento do home

G24.gal 21/05/2024 12:25 Última actualización 21/05/2024 16:44

Un home de 60 anos que ía a bordo dunha moto faleceu este martes logo de sufrir unha caída e bater contra un semáforo no barrio coruñés de Matogrande.

Segundo informan os servizos de emerxencias, aconteceu na AC-10 sobre as 09:30 horas, cando varios particulares chamaron ao 112 para alertar da caída. 

O 112 deu aviso á Policía Local da Coruña e a Urxencias Sanitarias-061, que mobilizou ata o punto unha ambulancia de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado.

Con todo, os servizos médicos só puideron confirmar o falecemento do motorista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade