Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un vehículo cae sobre as vías do tren no Vicedo dende unha altura de cinco metros

Un vehículo cae sobre as vías do tren no Vicedo dende unha altura de cinco metros

Os ocupantes foron trasladados ao hospital, pero xa foron dados de alta

G24.gal 13/10/2024 21:00 Última actualización 13/10/2024 21:38

A primeira hora desta tarde un todoterreo precipitouse uns cinco metros sobre as vías do tren no Vicedo, no lugar de Vilasuso. Os ocupantes do vehículo, que tiveron que ir ao hospital, xa foron dados de alta.

O accidente produciuse pasadas as tres da tarde, cando un todoterreo no que viaxaban dous homes precipitouse ás vías do tren dende uns cinco metros. Houbo que cortar a circulación ferroviaria e a causa do accidente puido ser un fallo mecánico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade