Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un piloto español en Chile ao estrelarse a súa avioneta contra unha autoestrada

Morre un piloto español en Chile ao estrelarse a súa avioneta contra unha autoestrada

Pilotaba unha avioneta que colaboraba na extinción dun incendio forestal 

O falecido, valenciado de 58 anos,  perdeu o control da aeronave ao bater contra o cableame eléctrico 

G24.gal 17/01/2024 09:40

Fernando Solans, valenciado de 58 anos, colaboraba na extinción dun incendio forestal na rexión central de Maule (Chile). Segundo as primeiras investigacións, perdeu o control da avioneta que pilotaba ao bater contra o cableame eléctrico. Precipitouse sobre a autoestrada e acabou colidindo contra dous vehículos que circulaban pola zona. 

As autoridades chilenas xa abriron unha investigación para esclarecer o acontecido. Fernando Solans era un profesional experimentado na extinción de incendios desde o aire.

No sinistro quedaron feridas outras catro persoas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade