Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un piloto dun F-18 do Exército que se estrelou en Teruel

Morre un piloto dun F-18 do Exército que se estrelou en Teruel

Defensa informara de que activaran os medios de rescate para tratar de dar con el, pero finalmente certificaron o seu falecemento

Efectivos da Garda Civil nas inmediacións do lugar do sinistro (EFE/Antonio García) Efectivos da Garda Civil nas inmediacións do lugar do sinistro (EFE/Antonio García)
G24.gal 04/10/2024 13:40 Última actualización 04/10/2024 16:53

O piloto dun avión caza F-18 do Exército do Aire faleceu este venres preto de Teruel logo de estrelarse coa aeronave militar.

O falecido é o tenente coronel Pablo Estrada Martín, destinado na Ala 12 do Exército do Aire.

O sinistro produciuse contra ás 12:30, na localidade de Peralejos, situada a uns 18 quilómetros da capital provincial.

A través da súa conta na rede social X (antes Twitter), o Exército do Aire e do Espazo precisaba ao informar do accidente de que os medios de rescate xa foran activados e que buscaban o piloto da aeronave. Finalmente, noutra mensaxe, certificaron o seu falecemento.

A Ala 12 é unha unidade militar con avións de caza do Mando Aéreo de Combate do Exército do Aire. Ten as súas instalacións na Base Aérea de Torrexón de Ardoz. 

Nado en setembro de 1974, o tenente coronel Estrada Martín, exercía como xefe das Forzas Aéreas da unidade e contaba con máis de 2.300 horas de voo, case mil delas en avións como o que pilotaba este venres.

O de hoxe é o cuarto falecido en España nun destes avións de combate desde que entraran en servizo en 1986. O anterior sinistro mortal producírase en 2017, na base aérea de Torrexón, debido a unha perda de potencia da aeronave durante a manobra de engalaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade