Falece un veciño de Vilalba, de 61 anos, no incendio da súa casa
Falece un veciño de Vilalba, de 61 anos, no incendio da súa casa
O único ocupante da vivenda non puido escapar das lapas
Cando se puido acceder ao interior do inmoble atoparon o home preto da porta de saída
En Vilalba, un incendio nunha casa acabou coa vida do único ocupante, un veciño de 61 anos que non puido escapar a tempo das lapas. A casa por dentro era de madeira e ardeu con rapidez.
Era o único ocupante da vivenda no lugar do Sisto, na parroquia vilalbesa de Lanzós. Por razóns que se descoñecen, orixinouse un incendio que arrasou toda a casa con rapidez.
Foi un veciño o que viu saír fume. Deseguida avisou a outro que é garda civil para que chamase os equipos de emerxencia. Cando chegaron ao lugar xa non puideron facer nada para extinguir as lapas, que se propagaron con rapidez e que arrasaron toda a vivenda.
Daquela descoñecíase se o propietario da casa estaba dentro. Cando puideron acceder ao interior atopárono moi preto das escaleiras e a poucos metros da porta de saída.
O home que faleceu no incendio vivía só, desde que hai medio ano lle morrera o pai.