Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha muller ao precipitarse dende un primeiro andar en Lalín

Morre unha muller ao precipitarse dende un primeiro andar en Lalín

Ocorreu pasadas as 16:30 horas na rúa Pintor Laxeiro

G24.gal 08/09/2024 22:06

Unha muller faleceu á primeira hora desta tarde en Lalín tras precipitarse desde un primeiro andar, segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias.

Ocorreu pasadas as 16:30 horas na rúa Pintor Laxeiro e o 112 tivo coñecemento por unha chamada do servizo de urxencias sanitarias.

O persoal médico desprazado ata o lugar só puido confirmar o falecemento da muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade