Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro persoas mortas e dúas feridas ao caer un coche por un barranco en Xove

Catro persoas mortas e dúas feridas ao caer un coche por un barranco en Xove

O sinistro aconteceu preto da urbanización Palmeiro, no lugar da Regueira

Sobreviviu o condutor, que está en estado grave, e un dos seis ocupantes

No vehículo viaxaban seis persoas
G24.gal 01/04/2023 10:09 Última actualización 01/04/2023 21:00

Catro persoas, de entre 17 e 18 anos, faleceron nun accidente de circulación rexistrado este sábado no municipio de Xove. O condutor quedou en estado grave e un sexto ocupante do coche está ferido leve.

Segundo informa a Garda Civil, o sinistro produciuse ás 9:40 horas no punto quilómetro 1,100 da estrada LU-P-2604, á altura da urbanización Palmeiro, no lugar da Regueira.

Por causas aínda sen determinar, o turismo sufriu unha saída de vía e caeu por un barranco. O condutor, de 19 anos, permanece ingresado na UCI do Lucus Augusti de Lugo. O outro sobrevivente foi trasladado ao hospital de Burela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade