Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un veciño de Barreiros nunha saída de vía en Trabada

Morre un veciño de Barreiros nunha saída de vía en Trabada

Descoñécense as causas do sinistro ocorrido a última hora da tarde do domingo

A vítima, de 43 anos, saíu da vía e envorcou nun tramo recto da suba ao alto da Fórnea

G24.gal 12/02/2023 23:09 Última actualización 13/02/2023 13:56

Un veciño de Barreiros de 43 anos faleceu este domingo nunha saída de vía en Trabada. O suceso produciuse a última hora da tarde, cando se foi fóra da vía o vehículo que conducía a vítima e acabou envorcado.

O sinistro tivo lugar no quilómetro 3 da estrada LU-P-6103, que une ambos concellos mariñaos.

Cando o vehículo subía cara ao alto da Fórnea, por causas que se descoñecen saíu da vía e acabou envorcando.

Foi outro condutor que pasaba polo lugar quen deu aviso ao 112, que mobilizou a Garda Civil de Tráfico, o GES da Pontenova, unha ambulancia do 061 e mais os bombeiros do parque comarcal de Barreiros, que se ocuparon de extraer o corpo do coche.

"Cando chegamos, estaba a metade do corpo fóra do vehículo. Extraemos a vítima e esperamos polos servizos sanitarios, que confirmaron a morte. Xa tiña feridas que non eran compatibles coa vida", explica Fernando González, sarxento dos bombeiros de Barreiros.

O suceso produciuse nun tramo recto, sen desnivel e con boa visibilidade. Especúlase, polo tanto, que calquera fatalidade puido provocar o accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade