Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un pai e a súa filla morren ao bater o seu coche contra outro en Ames

Un pai e a súa filla morren ao bater o seu coche contra outro en Ames

Foi á altura de Aldea Nova, na estrada AC-543 que une Santiago e Noia

Os dous ocupantes do outro vehículo quedaron feridos de gravidade

G24.gal 03/03/2024 18:36 Última actualización 03/03/2024 20:32

Dúas persoas morreron nun accidente de tráfico que aconteceu na tarde deste domingo na estrada AC-543 que une Santiago e Noia, á altura da parroquia de Ortoño, no acceso a Aldea Nova.

Dous coches bateron de fronte: un Volkswagen T-Roc e un opel Corsa. Todo parece indicar que este último perdeu o control e invadiu o carril contrario. Os seus dous ocupantes faleceron: un pai e a súa filla, veciños de Laraño. El tiña 44 anos e ela, 17.

A menor saíu despedida porque, segundo as primeiras investigacións, non levaba posto o cinto de seguridade. Os ocupantes do outro vehículo implicado tiveron que ser excarcerados polos bombeiros. Están feridos de gravidade e foron trasladados ao Hospital Clínico de Santiago. 

Ata o lugar desprazáronse numerosos equipos de emerxencias e tamén a alcaldesa de Santiago e o rexedor de Ames. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade