Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren dous homes ao tirárense por unha ponte na AP-7 cando fuxían dos Mossos en Xirona

Morren dous homes ao tirárense por unha ponte na AP-7 cando fuxían dos Mossos en Xirona

As dúas vítimas viaxaban a pouca velocidade nunha furgoneta que constaba como roubada

Dous mortos tras saltar por unha ponte na AP-7 /EFE Dous mortos tras saltar por unha ponte na AP-7 /EFE
G24.gal 12/06/2022 11:02

Dous homes faleceron esta madrugada en Xirona tras tirárense por unha ponte da autoestrada AP-7 á altura da localidade de Sant Juliá de Ramis cando fuxían da Policía, que os perseguía tras sorprendelos nunha área de descanso observando camións nos que, supostamente, pretendían roubar.

Cando se viron descubertos por unha patrulla dos Mossos e tras circularen a baixa velocidade, apertaron o acelerador pero acabaron por abandonar o vehículo e saltar pola ponte sobre o río Terri.

As dúas persoas deixaron o furgón na marxe dereita da estrada e saltaron pola esquerda na ponte nunha zona boscosa e de escasa visibilidade. A caída duns 30 metros foi mortal e os axentes atoparon os corpos das dúas persoas. Agora tratan de identificalos no Instituto Forense de Xirona, á espera de que se practiquen as autopsias.

Investigación aberta

Os Mossos manteñen aberta unha investigación, pero sospeitan que as dúas vítimas poderían ser ladróns dedicados a roubar mercadorías nas áreas de servizo da AP-7. O suceso obrigou a cortar durante un tempo a circulación en sentido norte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade