Polo menos 151 mortos e 76 feridos tras unha avalancha nunha festa de Halloween en Seúl
Polo menos 151 mortos e 76 feridos tras unha avalancha nunha festa de Halloween en Seúl
As vítimas saían dunha festa nunha zona de ocio e amoreáronse nunha rúa estreita
Máis dun cento de persoas recibiron manobras de resucitación na rúa
Polo menos 151 persoas morreron e 76 resultaron feridas, 19 delas graves, tras producirse unha avalancha de xente no popular barrio de Itaewon da capital surcoreana. Ademais, as autoridades investigan máis de 270 casos de desaparicións, segundo informaron os bombeiros.
A escorrentada produciuse nas proximidades do Hotel Hamilton en Seúl, nun barrio lindeiro cunha base militar estadounidense que se converte cada ano no punto máis concorrido para celebrar o Halloween na cidade. As imaxes que chegan dende o país asiático son arrepiantes, con ducias de persoas tiradas no chan en parada cardiorrespiratoria, ás que os servizos de emerxencia ou outros cidadáns anónimos lles están practicando manobras de reanimación.
Segundo a prensa local, as vítimas quedaron atrapadas nunha calella en pendente. O desencadeante foi unha caída colectiva na cima da rúa, que provocou unha avalancha en cadea. Agora investígase o motivo da estampida. Algunhas fontes apuntan á presenza dun famoso que atraeu á multitude. Outros falan da circulación de estupefacientes.
As autoridades abriron unha investigación para esclarecer as causas desta traxedia na que a maioría das vítimas son mozos de entorno ós 20 anos de idade. Tamén hai 19 estranxeiros entre os falecidos.
🔴🇰🇷NUIT D’HORREUR À SÉOUL - Les pompiers sud-coréens affirment intervenir sur une centaine de victimes potentielles dans le quartier d’Itaewon. Des dizaines de massages cardiaques sont effectués simultanément (Yonhap). pic.twitter.com/mQ0Q46xZRl
— 🌐Le Globe (@LeGlobe_info) October 29, 2022