Movemento nas estacións de tren este primeiro de xullo
Movemento nas estacións de tren este primeiro de xullo
Xente que remata as vacacións coincide coa que inicia o seu período de descanso
Chega á estación de tren de Ourense o Alvia de Madrid das dez e media da mañá. E entre moito galego que traballa fóra e vén de fin de semana, hai viaxeiros que escolleron Galicia para pasar estas vacacións de xullo.
Neste mesmo tren que para en Ourense e continúa ata Ferrol, soben tamén varios ourensáns camiño do aeroporto.
As Baleares e Andalucía son os destinos principais dos que este sábado teñen a sorte de fuxir do traballo.
Neste caso van a Málaga facendo un transbordo en Madrid. E están as que viven en Madrid e volven á casa por vacacións.
Outros confórmanse con achegarse á costa mentres non chegan as ansiadas vacacións e os menos afortunados collen o tren de volta á rutina.
Alegría tamén entre os que hoxe en vez de comezar as vacacións rematan e é que non hai coma parar para volver á trasfega do traballo con enerxía.