Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moven un bloque de pedra de máis de 500 quilos e estacionan nunha zona protexida

Moven un bloque de pedra de máis de 500 quilos e estacionan nunha zona protexida

Veciños e traballadores da zona están fartos dos seus comportamentos incívicos

G24.gal 09/07/2024 16:24

Polémica en Razo. A Garda Civil desaloxou tres autocaravanas estacionadas nunha zona de protección medioambiental.

José, operario municipal, esfórzase na instalación de novos bloques de pedra nos accesos a esta zona da praia de Razo, protexida medioambientalmente.

"Xa as colacáramos aí atrás, pero móvenas", afirma con resignación.

Fala dalgúns autocaravanistas que, tras mover un destes bloques, de máis de 500 quilos de peso, estacionaron nas inmediacións deste areal carballés.

"Nós fixemos o camiño por aquí e vimos que estaban alí aparcadas...", pregúntase asombrado. "Paréceme que fixeron maxia... Non sei como o fixeron", engade.

A Garda Civil tivo que desprazarse ata a zona para desaloxalos. Entrementres continúan as queixas dos veciños, que levan meses esixindo medidas ante os seus comportamentos incívicos:

"Eu vou coa cadela e, se fai as súas necesidades, recollo. Eles non o fan"

A uns douscentos metros desta zona, hai unha explanada onde atopamos turistas en varias furgonetas camperizadas e autocaravanas que critican o comportamento dos seus colegas.

"A verdade é que é un paraíso. Eu veño con respecto. Intento aparcar onde se pode e deixando todo o mellor que se pode"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade